OBXECTIVOS
Ofrecer ferramentas prácticas que permitan detectar problemas de escritura no entorno escolar e, nos casos onde sexa posible, intervir para mellorar tanto a postura como a prestación gráfica dos alumnos/as.
As orientacións proporcionadas buscan optimizar a dinámica na aula, pero baixo ningunha circunstancia deben considerarse como unha solución definitiva ou substituto dun proceso reeducativo presencial e personalizado. Tal intervención require unha avaliación grafomotora exhaustiva, realizada por especialistas calificados na materia. |